7. Medidas de dispersión
A media aritmética infórmanos que se ti comiches dous polos e eu ningún, de promedio ambos temos comido un. Pero é obvio que ti te deches un atracón e eu pasei fame.

As medidas de centralización aportan unha información, pero é necesario completalas con outras medidas que denominaremos de dispersión. Así pois, no exemplo anterior:
  • O rango de valores vai de 0 a 2 polos, hai unha amplitude de 2-0=2.
  • Ti tomaches un polo máis do promedio e eu un menos. Ambos nos temos desviado unha unidade respecto á media.

Rango

O rango ou percorrido é a diferenza entre o maior e o menor valor da variable. Indica a lonxitude do intervalo no que se achan todos os datos.

anterior
siguiente