Media e
mediana comparadas
Para
os datos 4 e 6
a media e a mediana coinciden en 5.
Engadir un 8 ou un 11 dá o mesmo para a mediana, que
pasa a ser en ambos os casos 6. Non obstante a media cun 8
pasa a ser 6 e cun 11 pasa a ser 7. Os valores 8 e 11 considéranse
observacións atípicas, están distanciados
do resto de valores, tiran da media e non afectan á
mediana.
Se os datos estivesen repartidos simetricamente respecto a
un valor, ese valor sería á vez a media e a
mediana. En cambio, se os valores a un lado da mediana están
máis afastados dela que os do outro lado, a media desprázase
cara a eses valores afastados que tiran dela. Hai unha asimetría.
Xoga coa escena da dereita. Hai tres grupos de exemplos,
simétricos, asimétricos e atípicos
|