Espazo
da mostra e sucesos
Ao
extraer unha carta dunha baralla, lanzar unha moeda, tirar un dado,
e noutros exemplos análogos, non podemos saber de antemán
o resultado que se vai obter. Son experimentos aleatorios,
aqueles nos que non se pode predicir o resultado, e deles
trátase aquí.
O
conxunto de todos os posibles resultados dun experimento aleatorio
chámase espazo da mostra, e cada un deses
posibles resultados é un suceso elemental.
Hai
un suceso que se verifica sempre, chamado suceso seguro, e que
coincide co propio espazo da mostra.
|