2. Tipos de poliedros

Pirámides

Unha pirámide é un poliedro determinado por:

  • unha cara poligonal denominada base;

  • tantas caras triangulares como lados ten a base.

O punto onde converxen todos os triángulos denomínase vértice ou cúspide. A altura dunha pirámide é a distancia do vértice á base.

Unha pirámide é convexa ou cóncava se respectivamente a súa base é un polígono convexo ou cóncavo.

A definición de pirámide recta ou oblicua é algo máis complexa que no caso dos prismas e é relativa ao centro de gravidade ou centroide do polígono base.

anterior
seguinte