Outra
característica de interese nas gráficas das
funcións é a concavidade, estudar os intervalos
nos que a gráfica se curva cara abaixo ou cara arriba.
Unha
función é cóncava
nun intervalo se o segmento que une dous puntos calquera
da curva queda debaixo dela, e convexa
se queda por riba.
Os puntos
do dominio nos que a función pasa de cóncava
a convexa ou viceversa, chámanse puntos de inflexión.